jueves, 9 de agosto de 2012

INTRODUCCIÓN E BENVIDA

  Supoño que despois de tantos meses de traballo de apoio, é hora de que eu tamén me pronuncie sobre a importancia que ten para min o facerme responsable dun proxecto como AO CABO.


     Cando Juan Louro me falou por primeira vez da idea na que estaba traballando, deseguida soupen que non era unha iniciativa baldeira de contido. Cando vin as primeiras imaxes non tiven dúbida de que todo o camiño que tiñamos por diante pagaría a pena mais tarde ou mais cedo.
    
     E así,meses despois daquela primeira conversa, traballando a diario, en conexión permanente Ézaro-Ourense, chegamos a este punto no que estamos a piques de rematar como se merece o que parecía un futuro inalcanzable, abrindo as portas dun Museo.

     Haberá tempo para que os visitantes valoren a poética das imaxes, a súa dureza, a intensidade dos interrogantes que quedan no ar. Chegará pronto o momento en que o observador saiba que as cousas feitas con sosego e tenacidade acadan diferenzas incuestionables con aquelas outras que son froito da improvisación e da presa.

    Pero ahora toca dar as grazas aos que, ó longo deste tempo se foron sumando á creenza de que AO CABO ía ser unha exposición punteira no Outono Fotográfico 2012, con calidade suficiente para ser mostrada nun dos espazos expositivos principais da cidade, cuxo nome levará alá donde vaia ó longo do percorrido que se está proxectando nestes intres.

     Así, quero amosar o meu agradecemento á Concellalía de Cultura, por darnos a posibilidade de inaugurar Outono dunha forma tan relevante, e mostrarnos o seu apoio dende o primeiro momento. Á persoa responsable de que todo esto sexa unha realidade, Eva Torres -Directora do Museo Municipal, e Técnica de espazos expositivos de Ourense- non só pola fé que sempre tivo en nós, senon polos consellos regalados  en cada paso, e que ao cabo... son os que mais valen.

     Por descontado ó Outono Fotográfico, sen o traballo de tantos anos, de tanta xente e tantas ilusións sostidas, non sería posible ter chegado a ser o referente fotográfico que somos neste país.

     Ó concello de Dumbría por dar soporte e financiación a unha idea que naceu entre ondas de mar bravo e ventos de nordés. Ninguén mellor para darlle sentido e proxección a unha zona que debe ser posta no mapa dos lugares imprescindibles que todos deberíamos coñecer.

     A LúaLG (Orballa), polas infinitas horas dedicadas a interpretar o sentir dun proxecto do que é responsable a nivel visual. Fago un inciso neste nome e no traballo desta xove deseñadora, porque estou segura de que antes do que pensamos, acadará un espazo propio feito a base de talento e traballo no panorama artístico galego. Toda a imaxe externa, é súa. Todo o traballo e a louvanza que merecen...tamén.

    E a todos os que de eiquí para adiante, formarán parte deste colectivo de apaixoados da fotografía, convencidos de que o primeiro paso para conseguir un soño cumprido, é querer que se cumpra.

......... Vémonos!







2 comentarios:

  1. Onte na inauguración de unha exposición de fotografía de un amigo,a hora de tomala palavra dixo que el non sabía falar,que o único que sabía era darlle o disparador da cámara.
    A min pásame o mesmo e polo tanto,non sabería decir coas frases apropiadas todo o agradecemento que lle debo,en primeiro lugar,a Ana Skette non só pola confianza depositada sinon por todo o tempo adicado a este proxecto que xa está a punto de vela luz de forma física,polas horas de charla e consellos,pola amistade surxida acarón de todo esto,por...eu que sei,por estar ahí.
    En segundo lugar,pero non menos importante,agradecer tamén a Eva Torres,unha extraordinaria persoa que te fai sentir a gusto no mismo momento en que a conoces,por abrime as portas do museo que dirixe,o Museo Municipal de Ourense.
    En fin,grazas a estas duas mulleres,e grazas tamén a xente que confiou en min e me apoiou

    ResponderEliminar
  2. Ti sabes que este só é o comezo dunha grande amizade...
    Aínda nos quedan moitos proxectos que defender, moitas ideas que mostrar, moito traballo que compartir.

    Un bico enorme Juan.

    Ou mil,

    ResponderEliminar