Unha vez formulada a contundente idea arredor da que se construiría o panorama visual de Ao Cabo e localizadas as paraxes a retratar, o seguinte paso a dar era o de atrapar coa cámara fotográfica o momento exacto do lugar dende a posición correcta. Isto provocou a repetición da mesma fotografía en diferentes horas do día, con distintas condicións meteorolóxicas e dende varias perspectivas.
![]() |
1. Imaxe orixinal |
Isto non remata aquí senón que, unha vez capturada a imaxe desexada, someteuse a diferentes tratados ata alcanzar a fotografía final. En numerosas ocasións, logo do longo proceso de fotografiar e tratar a imaxe, foi inevitable o descarte de aqueles resultados que Juan Louro non considerou axeitados. Parte das fotografías apartadas deste proxecto son as publicadas no post Dúbidas Razonables.
Velaiquí un exemplo dos diversos virados feitos a partir de outra das imaxes non aceptadas para Ao Cabo:
![]() |
¿Ti descartaríala? ¿Que virado che gusta máis? ¡Podes contestarnos en Twitter!
No hay comentarios:
Publicar un comentario