domingo, 13 de enero de 2013

Évora.- Cidade Patrimonio da Humanidade

Chegou o momento de presentar en Évora (Portugal) o proxecto expositivo Ao Cabo,

Incluido no proxecto Oralities, que vencella cidades de Portugal, España, Malta, Italia e Bulgaria.
Foi inaugurado o día 7 de xaneiro de 2013 no Palacio Dom Manuel, e permanecerá nese espazo ata o día 10 de febreiro do mesmo ano.

Palácio Dom Manuel:

O Palacio de Dom Manuel I, coñecido anteriormente como o Palacio Real de San Francisco, foi construido por Alfonso V, quen desexaba ter na cidade un espacio real. O Palacio foi habitado por varios reis de Portugal, entre eles Manuel I, Juan III e Sebastiao, e perdeuse no 1895, despois de ter recibido a orde de ser destruido en 16919, durante a visita de Felipe III ó país.
O Palacio, ademais de ser unha das maiores obras arquitectónicas do país, tamén tivo unha importancia histórica xa que foi aquí donde Vasco de Gama aceptou o mando da flota do descubrimento da ruta marítima da India.

Dende 1986 forma parte da lista de Patrimonio da humanidade.