Hoxe comenza de novo a historia de AO CABO
Queremos facer un epílogo a este mes de permanencia no Museo Municipal, agradecendo a tódalas persoas que se achegaron a vela o seu apoio e alento.
Aos medios de comunicación, o seu respeto e a súa difusión, sempre imprescindible, e ás Institucións e patrocinadores, todo o esforzo feito nestos tempos de carencias económicas, para sacar adiante o traballo deste autor sensacional.
Comenzamos unha itinerancia que a levará moi pronto a Portugal, e de aí a outros lugares.
Manteresmos ó día a todos os interesados no noso proxecto porque -ao cabo- cando volva a estar entre nós, queremos despedila como se merece no lugar que a viu nacer.
Grazas de novo por este mes marabilloso, e por regalarnos todos os que aínda temos por diante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario