jueves, 7 de junio de 2012

AO CABO

Falar da exposición Ao Cabo… supón replantexar os conceptos visuais tópicos  asociados á beleza amplamente coñecida  dunha zona dun valor estético indiscutible, que se  ten mantido ó longo dos séculos da mesma forma enxebre e senlleira.

A Costa da Morte, é unha franxa tradicionalmente comprendida entre os municipios de Carnota e Malpica,  cun enclave mítico que os romanos consideraban o fin do mundo, Fisterra, que enche de  contido épico a beleza e singularidade do lugar.

Pero é tamén un sitio de desordes meteorolóxicos, de catástrofes ecolóxicas e de absoluto illamento do resto do pais. Pensan algúns que a Galicia mais abandonada, ven sendo a interior; a Galiza costumbrista e tradicionalmente esquencida dos plans de proxección turística e dos avances económicos e sociais. Con todo,  a Costa da Morte, segue a ser un reducto de singulares  características a nivel antropolóxico e cultural.


Terra e mar xúntanse nun lugar único que amosa un carácter forxado a forza de soidades infinitas e bágoas intermitentes.

A intención desta exposición quere ir mais alá dunha proxección convencional a  nivel paisaxístico, que xa ten sido difundido en infinidade de mostras fotográficas, para tentar achegarse ó sentir real dun pobo que vive e sofre a falta de espectativas e que, farto de escoitar promesas de Dourados que chegarán, mira cara o futuro con desconfianza, escepticismo e resignación.

            Ser quen de achegarse á alma dun pobo, supón un exercicio de introspección equilibrado e racional; por parte do fotógrafo -quen é parte desa comunidade-  para desmitificar historias que forman parte da memoria colectiva e amosar dunha forma visualmente descoñecida, a proxección futura de quen moitas veces ten a sensación de vivir nun esceario marabilloso, do que non sabe xa qué cousas esperar.

Así pois,  coa base  estética da morea de barcas que morren varadas na area ou  nas rochas en calquera recuncho da costa, Juan Louro construe un panorama estético, mesturando fotografía conceptual -apuntalada nas suas fortes bases tradicionais-, e técnicas de edición contemporánea que dotan ás imaxes dun ar de misterio, certa angustia e desasosego.




¿Que foi de…? Quere ser a cuestión  reiterada que uns e outros seguen a preguntarse, e que casi nunca ten resposta:
- ¿Qué foi dos proxectos que ian vir?
- ¿Qué foi dos recursos que iamos ter?
- ¿Qué foi do traballo para as xeneracións vindeiras?
- ¿Qué foi da riqueza do mar?
- ¿Qué foi dos nósos soños?

Retórica sen dúbida que segue a ser unha parte do pensamento colectivo.

A utilización dos procedementos monocromos ou virados lixeiros,  reviste de sentido as fotografías, fortemente influidas polos conceptos e estética expositiva a nivel internacional, para enriquecer o conxunto, con pinceladas a cor, que cambian por completo o plantexamento primario e ofrecen unha perspectiva incerta pero necesaria.




O conxunto de 20 imaxes, en tamaño 100 x 70, quere verse completado coa impresión dalgunhas pezas en caixas de peixe de madeira antiga, para incorporar a nivel efectista obxectos cotiás da vida de onte, que incomprensiblemente xa non forman parte do dia a dia, e que tampouco foron substituidos por outros novos ou mellores…